faldrear

Camiñar ou pasear pola parte baixa dunha montaña

Etimoloxía

Verbo que toma como base de derivación “faldra” na acepción ‘parte inferior dunha montaña’ que, a súa vez, crese que provén do franco *falda ‘pregue’.

Exemplos *

“De aló, faldreando polos lonxanos montoutos, viñan baixando cachós de auga fresqueira.” (Manuel García Paz: IV Melodía, 1935)

“(...) onde cruzamos a Comarcal 404 en dirección a San Pedro, para faldrear a ladeira, sempre á sombra do grandioso couto de Novelle, que empezamos a ver coa alba.” (Pepe López Vilachá : Viaxe a Santiago, 1-12-2006 [recuperado: www.omundil.com])

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.