Voz máis aguda ca a natural, aparentemente falsa, que é producida pola vibración das cordas superiores da larinxe, e que é propia de cantores masculinos que tratan de imitar a voz de soprano ou a voz dun neno.
Etimoloxía
En xeral considérase que se tomou do italiano falsetto.
Exemplos *
"Un día collín un bebé en brazos e, como se puxo a chorar, canteille "God save the Queen" en falsete." (Diego Ameixeiras: Tres segundos de memoria)
"Parece que sabe facer un falsete coa voz e que cando a chamada é para el e non lle interesa pronuncia un convincente "acaba de saír"." (Álvaro Sal: De Luns a Venres 03-09-2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.