Insatisfacción da necesidade de alimentarse, por causa da escaseza de alimentos, da falta de medios para conseguilos etc.
Etimoloxía
Palabra de orixe latina fames con idéntico significado.
Exemplos *
“Contoume que el chegara a Río a finais do ano corenta , sendo apenas un rapaz, fuxindo dos restos dunha guerra, da represión e da fame, dunha morte certa.” (Pedro Feijoo: Os fillos do mar, 2012)
“Na Galiza a pobreza ten máis que ver coa imposibilidade de pagar as subministracións que coa fame, porque estamos a vivir dos excedentes da agroindustria .” (Beti Vázquez: Sermos Galiza, 1910-2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.