Conxunto de persoas unidas por lazos directos de parentesco, especialmente o constituído polo pai, a nai e os fillos
Etimoloxía
Chega desde o latín familia, -ae que se refería ao 'conxunto de criados e escravos que vivían baixo o mesmo teito', despois pasou a referirse ás persoas que habitaban á casa.
Exemplos *
“Moitas persoas aínda se refuxian na familia, desesperadas ante un mundo cada vez máis hostil.” (María Xosé Queizán: Anti natura, 2008)
“Arredor da lareira era o lugar onde a familia permanecía máis tempo, sobre todo nas longas invernías [...]” (Xosé Lois Ripalda: A cultura do pan, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.