familia

Cada un dos grupos taxonómicos en que se dividen o reino animal e vexetal, que é superior á subfamilia e inferior á superfamilia.

Etimoloxía

Vén da forma idéntica do latín, que abranguía as persoas que servían nunha casa.

Exemplos *

"A familia dos celentéreos está integrada por animais de moi pequeno tamaño, todos eles carnívoros, e con máis de 9.000 especies distintas." (Xoán Carlos Rodríguez Sánchez e Xesús León Guillén: Pesca submarina en Galicia)

"Hai que dicir que todo perfectamente coidado, e cada planta cunha indicación precisa de familia, especie e orixe, para seren recoñecibles …" (Xavier Queipo: O paso do noroeste)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.