Facultade de representar na mente algo que non existe.
Etimoloxía
Vén do latín phantasia, -ae, procedente do grego, que podía ter o sentido de 'aparición' e tamén 'imaxinación, fantasía'.
Exemplos *
"Neste sentido, toda ficción é fantasía e falar de literatura fantástica é unha redundancia." (Xurxo Borrazás: Costa Norte/ZFK)
"Nalgúns relatos sobre a actuación de Foucellas á fronte da guerrilla que baixo a súa xefatura actuou na citada provincia de Pontevedra, paréceme que existe unha meirande dose de fantasía e de invención que de realidade." (Santiago Álvarez: Memoria da guerrilla)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


