fantoche

Boneco con que se representan escenas de teatro, especialmente o que é articulado e se move por medio duns fíos

Etimoloxía

Palabra que se toma desde o francés fantoche ‘boneco’ e que bebe do italiano fantoccio  que deriva de fante ‘neno ou nena’.

Exemplos *

“Da quinta 30 de agosto ao domingo 2 de setembro, cinco compañías pasarán pola vila dezá , que tamén acollerá unha mostra , espectáculos de animación de rúa e a proxección dunha longametraxe sobre o fantoche galego Barriga Verde.” (Lara Rozados: Sermos Galiza, 31-8-2012)

“Nas catro pezas poden recoñecerse o máxico , o ritual , o misterio e , simultaneamente , o grotesco, o paródico e a concepción do personaxe como boneco ou fantoche.” (Redacción: O Correo Galego, 6-2-1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.