Prato preparado con migallas de pan
Etimoloxía
Voz vinculada con “faragulla”, denominación que bebe do latín vulgar *fra[n]gulare e que, á súa vez, remite ao latín clásico frangere ‘romper’.
Exemplos *
“Cando xa todo está fritido, sácanse os faragullos, é dicir, a torta esmigada, para unha fonte, e botáselle mel por derriba, que é o tradicional, ou azucre.” (Álvaro Cunqueiro: A cociña galega, 1973)
“Na Pontenova cociñan os faragullos mesturando auga, leite, fariña de trigo do país, ovos da casa e sal. A masa frítese en tixolas de ferro traballándoa coa escumadeira para que quede en anacos o máis pequenos posibles, en faragullos.”(Miguel Vila Pernas: El Progreso, 10-9-2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.