farallón

Rocha alta, moi próxima á costa, que sobresae moito mesmo na preamar

Etimoloxía

Crese que a súa orixe está no latín *faralione que remite ao grego faleriaein ‘branquear pola escuma’.

Exemplos *

“A goleta púxose en facha e enviouse un bote con dous remeiros para buscalo, pois era perigoso para ela achegarse moito ó farallón polas correntes e polos baixos.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

“Antes de sobrepasar a punta Corveiro, xa protexidos polos farallóns, viramos cara ao leste e fondeamos. Soltamos o rizón e tiramos o morto na praia para asegurar ben a nosa embarcación despois de deixar en terra a Xácome.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.