farándula

Profesión dos comediantes e actores de teatro, e todo aquilo que está relacionado co mundo do espectáculo

Etimoloxía

Préstamo do francés farandole ‘danza provenzal’.

Exemplos *

“Tania adaptábase bastante ben ó mundo das bambolinas e da farándula, e non se lle presentaron, nunca, especiais problemas dignos de ser reseñados.” (Francisco Castro: Amor de Cinema, 1994)

“Estas dúas mulleres, coñecidas como as dúas Marías, representan un dos máximos expoñentes galegos no mundo do teatro, a farándula e o espectáculo.” (A.C.P.: La Voz de Galicia, 08-03-1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.