Persoa que traballa nun faro
Etimoloxía
Voz derivada sobre “faro” que vén do latín pharus, e este do grego pháros, de Pháros 'Faro', illa próxima ao porto de Alexandría, no que se fixo o máis famoso faro da Antigüidade.
Exemplos *
“A fareira da Illa de Sálvora denuncia a situación de abandono na que quedaron a maior parte dos faros galegos.” (Antón Lopo: Sermos Galiza, 5-11-2015)
“A propia fareira contaba que saíra da illa para estudar en Madrid e, malia estar rodeada de xente, nunca se sentira tan soa. En cambio en Ons está illada, pero asocia esa condición á de liberdade.” (Irene Pin [entrevista]: Nós Diario, 13-11-2020)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


