Broma do Entroido que consiste en botarlle fariña na cara a unha persoa
Etimoloxía
Palabra derivada sobre “farelo” que vén do latín vulgar *farellu, que é o diminutivo de far, farris ‘fariña dos sacrificios’.
Exemplos *
“A farelada terá lugar na praza Maior, onde é costume que os mais novos emporcallen a xente, sobre todo raparigas, con fariña, borralla, betume ou mesmo ferruxe dos potes.” (Laura R. Cuba: Diario Nós, 19-1-2018)
“As fareladas consisten en manchar con farelo ós asistentes que non se poñen a cuberto.” (Xosé Manuel González Reboredo: Guía de festas populares de Galicia, 1997)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.