Anaco de tea moi gastado e roto / Peza de roupa moi usada, vella e rota
Etimoloxía
Voz que vén do latín fra(n)gulare que bebe en frangere ‘rachar’.
Exemplos *
“Déronlle un saquete de salvado a cambio de que picase, ben picadas, dúas pedras do muíño. O meu home nin co pico podía, así que ben gañou o farelo co suor da súa fronte! Secouno coa manga daqueles fargallos que foran chaqueta de casamento.” (Xosé María Gómez Vilavella: Historias intra da bisbarra. Castroverde, Baleira, Pol, 1992)
“Rosa, vestida cunha chambra marela e por riba unha chaqueta ; as pernas ocúltaas en parte, só en parte, unha faldra esfarrapada, uns fargallos que lle colgan do van. É unha moza alta e extremadamente delgada. A grande delgadeza vénlle, coido eu, da fame que pasa.” (Antón Tovar: A grande ilusión e outros contos, 1989)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.