fariña

Po que se obtén ao moer os grans de certos cereais, quitándolles o farelo ou relón.

Etimoloxía

Chegounos do latín farina –ae.

Exemplos *

“... no desfile as modelos daban unha palmada sobre a roupa coas mans cheas de fariña, como un xeito de recuperar na pasarela este aceno ancestral, co mandil cheo de fariña entrementres amasan o pan ou a empanada.” (Lola Dopico: Sermos Galiza 03-08-2012)

“O futuro desterraría por fin o pasado, aquel pan gomoso de fariña branquísima que foi aparecendo desterraría a boroa e o pan moreno ...” (Suso de Toro: O país da brétema. Unha viaxe no tempo pola cultura celta)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.