Broma do Entroido que consiste en botarlle fariña na cara a unha persoa
Etimoloxía
Vocábulo derivado sobre o substantivo “fariña” que vén do latín farīna ‘fariña, pan ou po’.
Exemplos *
“En Laza, onde se manteñen moitas das tradicións ancestrais destas datas, honran hoxe a boa gastronomía, que dará o paso mañá á fariñada nas rúas da vila e, xa o domingo, ao desfile de comparsas. Pero será o luns cando Laza acolla os seus dous actos centrais.” (M.G.P.: De Luns a Venres, 8-2-2013)
“O Entroido de Laza terá no 2025 un intenso e variado programa de actividades. Os folións, a cea do cocido, a fariñada, a farrapada, a baixada da morena ou o testamento do burro son algunhas das citas deste entroido.” (Redacción: ourensenarede.com, 23-1-2025) [visto 14-2-2025]
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.