Cavidade que se atopa a continuación da boca, onde se cruzan o aparato dixestivo e o respiratorio e que comunica co esófago, fosas nasais e larinxe.
Etimoloxía
Aparece desde o latín da ciencia pharynx, –yngis 'farinxe' e este desde o grego phárugks, –uggos 'gorxa'.
Exemplos *
"Este tipo de peixe seca os dentes, absorbe tódalas humidades da lingua e mailo padal e atranca a cima da farinxe." (Xabier López López: O caderno)
"Non son doutor! _a lingua inchada atrapallábaselle contra a farinxe e o pánico impedíalle respirar." (Xurxo Borrazás: Costa Norte/ZFK)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.