farmacéutica, -o

Persoa que exerce a farmacia

Etimoloxía

Voz que bebe do latín tardío pharmaceutĭcus que significa 'relativo a farmacia', que remite, á súa vez, ao grego pharmakeutikós ‘relativo á preparación dos medicamentos’.

Exemplos *

“A farmacéutica dixo que non requiría máis que unha simple desinfección, pero a pedido de dona Raquel púxolle pomada curativa e cubriu aquelo con tela emplástica.” (Antonio Fernández Pérez: Don Gabino, 1996)

“-A farmacéutica que coñezo é odiosa... poñerá todas as dificultades posibles para non darme os medicamentos... Podería pedirllos a Charo.” (Marina Mayoral: O anxo de Eva, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.