Establecemento onde se preparan e venden medicamentos
Etimoloxía
Termo procedente do latín tardío pharmacia que bebía do grego farmakeía ‘uso de medicinas’.
Exemplos *
“A rexeneración da terra é simplemente prolongar a vida dos demais, que non está nas farmacias e os hospitais, senón na calidade do que consumimos.” (Elena Pita: Luzes [entrevista], 2014)
“O Henri non estaba, (...). E atendeuno outro, Charles creo que se chamaba ; si, o Charles, que é irmán da señora que atende na farmacia da praza contigua á da igrexa de riba.” (Xulio Pardo de Neyra: Intensa e quente é a túa humidade azul, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.