farmacopea

Libro ou códice onde se recolle a listaxe oficial de medicamentos e a información adicional sobre a súa fórmula, dosificación, modo de administración etc.

Etimoloxía

Palabra culta que vén directamente do grego pharmakopoiía ‘a arte da preparación de medicamentos’.

Exemplos *

“Durante a viaxe, Jaufre Rudel, señor de Blaia, (...) entrou na mareira escura da enfermidade. Abandonado nun hospital dos cruzados en Trípoli, morría sen que a farmacopea dos templarios obrase milagres.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historias de Compostela) / Arela de amor, 2014)

“As follas empréganse para sandar as feridas, de aquí que reciba tamén o nome de "herba do podador". É unha planta citada amplamente na farmacopea do século XVIII en Galicia, sendo as súas flores empregadas nos mosteiros para elaborar distintos produtos medicinais.” (Pilar Antelo Docampo e Xaquín Penas Patiño: As plantas medicinais, 1993)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.