farrapada

Folerpada / Golpe de vento e chuvia

Etimoloxía

Voz que se forma sobre o substantivo “farrapo”, de orixe incerta aínda que hai quen di que procede do latín faluppa ‘tea de pouca calidade’.

Exemplos *

“Non podía estar en dous sitios ó mesmo tempo. Mais estaba. Adiantouse ata si mesmo, a través das farrapadas de neve que caían continuas.” (Xosé Miranda: Historia dun paraugas azul, 1991)

“Non penetra un raio de luz polo medio desta farrapada tan espesa, neve con vento.” (Úrsula Heinze: O soño perdido de Elvira M., 1982)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.