Que se mantén áxil, con saúde e con bo aspecto, mesmo a apesar da idade.
Etimoloxía
Procede do nome propio Francisco, tomado do latín tardío franciscus, que, se ben nun principio se refería aos francos, logo pasou tamén a utilizarse para os franceses.
Exemplos *
"Ai, non dea queixa, que se conserva ben farruco." (Xosé Vázquez Pintor: Quen faga voar)
"… o homiño xa non pode coa machada, e funlle botando unha man, que eu tampouco estou moi farruco …" (Emilio Araúxo: Tempos serodios)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.