Pequena peza de teatro, de carácter cómico e grotesco.
Etimoloxía
Tomámola da forma do francés medieval farse, relacionada co verbo latino farcire 'encher'.
Exemplos *
"Esta farsa foi maxinada para regalía do pobo galego …" (Castelao: "Introdución" de Os vellos non deben de namorarse)
"… opta por unha versión a medio camiño entre a traxedia e a farsa, mesturando, como afirma no programa de man, inocencia e crueldade …" (Manuel F. Vieites: Tempos Novos 02-1998)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


