Feitura / aspecto
Etimoloxía
Vocábulo que deriva do verbo “fasquiar” que, á súa vez, remite a “fastío” que nos leva ao latín fastidium.
Exemplos *
“A súa fasquía lémbralle as compañeiras do colexio para señoritas da rúa do Vento, en Madrid, no que súa nai se empeñou en inscribilas a Tonin e mais a ela cando tiña catorce anos” (Marilar Aleixandre: As malas mulleres, 2021)
“Namentres, Sara, na compaña da banda, viaxará noutra dirección. Mudarán de fasquía e irán á cas da Loba, xa sabedes... Hai que facer un bo acopio de herbas e menciñas, máis adiante vannos facer falta.” (María Gándara: Magog, 1997)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


