fatiga

Sensación de falta de forzas físicas ou mentais, como consecuencia dun traballo ou dun esforzo

Etimoloxía

Palabra que procede do verbo “fatigar” que, á súa vez, vén do latín fatigāre.

Exemplos *

“É unha fatiga fondísima, vital, absoluta, para sempre, que segue aí cando se ergue pola mañá e que se vai asentando á medida que avanza o día.” (Inma López Silva: Aqueles días en que eramos malas, 2019)

“A pesar da fatiga que aquel soño me provocara e talvez para probar se algún cambio importante se operara dentro de min, hoxe fun darme un baño a unha praia agochada dabondo como para non ser observado.” (Teresa González Costa: Os santos nunca dormen, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.