fatón

Ameixa alongada e de cor amarela

Etimoloxía

Vocábulo de orixe escura que quizais proceda do celta *fattom que remite, á súa vez, a *wattua.

Exemplos *

“Nas hortas o verán comezaba coas peras urracas e remataba cos figos serodios, do San Miguel; polo medio desfilaban pexegos, cirolas, fatóns, peras e mazás, todos de moitas razas diferentes.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)

“Supuña o adeus as carballeiras, o gabear polas pólas das árbores na procura de niños, a fin das carreiras costa embaixo coas bicicletas de pau, o remate das loitas e pelexas cos rapaces doutras parroquias polo mellor recanto do río, o chuchar nas claudias e fatóns.” (Carlos Mella: Memorias dun ninguén, 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.