Conxunto dos animais dun país, rexión etc., ou dunha época
Etimoloxía
En latín Fauna, -ae ‘muller de Fauno’, deus protector dos rabaños e pastores; por analoxía con flora, pasa a designar o mundo animal.
Exemplos *
“Os bosques invadiron paulatinamente as estepas e a tundra e unha nova fauna de animais que vivían en pequenos grupos (...) foron ocupando o lugar dos grandes rabaños de renos” (Pedro José Carcajosa Arroyo: Dos quarks á próxima extinción. Unha viaxe fascinante pola historia do Universo e a vida, 2012)
“A abundancia de bosques de folla caduca e o esgrevio do terreo permiten unha variada fauna.” (Xosé Lois Ripalda: O país dos mil ríos. Cultura fluvial en Galicia, 2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.