fechadura

Mecanismo de metal que se pon en portas, tapas etc., para cerralas, e que normalmente se acciona cunha chave

Etimoloxía

Palabra derivada mediante sufixación que toma como base estoutra “fecho” que procede da latina pestulu(m) que remite a pessulus ‘fecho’.

Exemplos *

“Apesar do silencio, / abondaba mirar como miran as fechaduras vixiantes / aos ollos de todos nós / para saber que o muíño non moe para atrás / nen devolve o grau á mazaroca.” (Luísa Villalta: Papagaio, 2006)

“Xa na porta da casa , Esperanza sacou a chave do bolso e meteuna na fechadura.” (Antonio Manuel Fraga: A virxe das areas, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.