feira

Conxunto de actos e entretementos que se organizan nun lugar para festexar algo

Etimoloxía

Palabra herdada do latín feria, -ae ‘día de festa’.

Exemplos *

“Trala presentación do prototipo na feira Telecom de Xenebra, unha cuadrienal especializada en avances en telecomunicacións (...)” (C.d.U.: O Correo Galego, 01-11-2000)

“As Festas Gualterianas (...) entroncan con vellas tradicións históricas, entre elas a convocatoria de grandes feiras de orixe medieval” (Antón Pombo: O Correo Galego, 26-11-2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.