Mercar, vender, ou tratar algún negocio na feira
Etimoloxía
Vocábulo derivado sobre “feira” que procede do termo latino feria ‘día de descanso’.
Exemplos *
“O home foille dando conta das cousas. A ceba saíu torta. Polo ruín outonizo, ningunha vaca servía pra feirear... O grau tiña pouco despacho...” (Ramón Otero Pedrayo: O señorito da Reboraina, 1960)
“Señor, esa custodia está consagrada e non é de bo cristián feirear con ela.” (Xavier Lama: O serodio remordemento do amor (Fantasía tráxica en once escenas dun ido de plenitude e cinza), 1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.