felicidade

Estado de plena satisfacción / Aquilo que produce este estado de satisfacción

Etimoloxía

Vocábulo que nos chega desde o latín felicitas, -atis que significaba ‘fortuna’, ‘felicidade’ ou ‘prosperidade’

Exemplos *

“Aqueles faladoiros dos sábados (...) eran sempre animados e sorprendentes porque alí podíase falar de calquera cousa acabando case sempre con chistes e chascarriños máis ou menos picantes nos que todos, incluído o crego, participaban. Era a felicidade mesma naquel pequeno recuncho do mundo.” (Julio Santos Pena: Ons no meu corazón. Vivencias de tres anos da miña vida como mestre na Illa, 2018)

“Non recordo nunca unha felicidade máis grande, como a que tiña cando, moi tarde, chegaba de percorrer o meu mundo, de volta a casa.” (Suso Lista: Charamuscas, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.