Carta, tarxeta postal, escrito etc., con que se felicita a alguén
Etimoloxía
Termo que procede de “felicitar” que vén do latín felicitare ‘facer feliz’.
Exemplos *
“...pero tampouco non é menos certo que nunca escribín outra cousa que algunha felicitación polo Nadal, ou sexa que todo o que vou contar non é, desde logo , por afán literario nin nada semellante.” (Paco Martín: Tres historias para ler á noite / Fina, 1992)
“Un mes antes do seu pasamento empezaran a chegar á nosa casa unha chea de cartas e felicitacións ofrecendo regalos e viaxes varios.” (Fernando Cabeza Quiles: Domingo de Resurección / O panteón, 2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.