felino, -a

Animal carnívoro da familia dos félidos

Etimoloxía

Termo culto que procede do equivalente felīnus ‘gatuno’.

Exemplos *

“Non está a limpeza entre as virtudes do can e daquela o felino rexeita ocasionalmente a súa presenza en canto que o obriga a redobrar o tempo diario que dedica a manter a pelaxe libre de olor.” (Xabier Cordal: Relatos para televisión, 2019)

“Por entre as árbores de madeira clara e gromos escintilantes remexe un dos inquilinos máis espelidos da casa. Chámase Gato. É un felino de idade indefinida como a súa dona, raza de angora e pasado bohemio.” (Rosa Aneiros: Corazóns amolecidos en salitre, 2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.