felo

Obxecto que representa unha cara, que utilizan as persoas para cubriren o rostro e así transformaren o seu aspecto

Etimoloxía

Vocábulo que procede do fráncico fillons ‘verdugo’.

Exemplos *

“Todos buscaban algo distinto que vestir. Valía todo. Toallas ou cortinas eran transformadas en felos polo inxenio colectivo.” (María Xosé Queizán: A semellanza, 1992)

“As celebracións ígnicas proseguen nas festividades da Candelaria e nos tempos do Entroido, onde se queiman lardeiras, mecos, felos ou madamas, ou se desenvolven os enterros das sardiñas.” (Vítor Vaqueiro: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.