Material semellante ao pano feito con la ou pelo prensados en vez de tecidos
Etimoloxía
Termo que remite ao xermánico filt. de significado semellante.
Exemplos *
“Silesio Braun. Ese é o meu nome. Metro cincuenta e nove centímetros de estatura, gabán de feltro verde abruño, fazulas coloradas coa friaxe e a calor intensa, paseos de noite contando estrelas nas ocasións propicias.” (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo de apócrifos, 1997)
“Non tendo eu roupa de meu logo do naufraxio, (...), vestía, ben que contra a miña vontade, que preferiría o meu uniforme de capitán de navío, pantalón de feltro, camisa branca de liño e unha levita xa usada dunha cor verdosa.” (Xavier Queipo: O paso do noroeste, 1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


