feminicidio

Asasinato dunha muller de forma deliberada polo feito de selo

Etimoloxía

Neoloxismo rexistrado en Tergal e tomado do inglés que se formou tomando o termo latino femĭna 'muller' e a terminación -cidio recollida do latín -cidium, procedente do verbo caedĕre 'matar'.

Exemplos *

“Os artigos sobre a voda e o asasinato de Alana son ficción, pero non acontece así cos que narran os feminicidios, tanto do pasado coma do presente. Todas foron mulleres de carne e óso asasinadas.” (Antía Yañez: Senlleiras, 2018)

“Os uxoricidios e os feminicidios son un dos sucesos máis arrepiantes, deplorables e inconcibibles neste século XXI.” (Xosé Ramón López Boullón: Galicia Hoxe, 7-3-2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.