Relativo ou pertencente á muller, ou ao que tradicionalmente se lle atribúe á muller como propio / relativo ou pertencente á femia, propio da femia.
Etimoloxía
Voz que vén do latín feminīnus, -a, -um ‘feminino’ ou ‘de muller’
Exemplos *
“Unhas voces femininas quebraron misteriosamente a densa fechazón da noite.” (Luísa Villalta: As chaves do tempo, 2001)
“Ela frecuenta a chambre bleue de Madame de Rambouillet, igual que Catherine Descartes se deixa ver decote nas tertulias de Madame de Sévigné. Estas mulleres, tanto as visitantes coma as anfitrionas, teñen fama de sabias, o cal é bo para o xénero feminino.” (Teresa Moure: Herba moura, 2007)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.