feminismo

Doutrina que defende a igualdade de dereitos entre a muller e o home

Etimoloxía

Préstamo do francés féminisme cun significado semellante e que bebe do latín femina ‘muller’.

Exemplos *

“O feminismo ten claro que sen ledicia non hai revolución. De maneira que quixemos darnos unha homenaxe a nós propias mais tamén a toda a sociedade deste país organizando unha manifestación-romaría.” (Olalla Rodil: Sermos Galiza [entrevista Pili Estévez], 12-6-2014)

"Considero o feminismo como un humanismo global. Poñer as gafas lilas é poñerte na pel de quen padeceu a exclusión, non falar desde a historia narrada polos vitoriosos, senón de quen sufriu a exclusión por ser considerad@ menor e secundari@", defendía Begoña Caamaño.” (Carme Vidal: Sermos Galiza, 30-10-2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.