feminista

Partidario, -a do feminismo // pertencente ao feminismo

Etimoloxía

Palabra que se recolle do francés féministe cun significado semellante e que bebe do latín femina ‘muller’.

Exemplos *

“Despois da celebración do Día da Muller Traballadora o pasado 8 de marzo, quixera comezar lembrando unhas palabras do manifesto romántico Lieders da escritora que inaugurou a literatura feminista de Galicia e en galego, Rosalía de Castro, autora que non pasa de moda.” (Ruth Fernández Fernández: Galicia Hoxe, 20-3-2007)

“Son sinaturas descoñecidas que non fan unha escrita galeguista e feminista" o que constata, segundo Armas, cómo Rosalía "tería unha influencia decisiva e relevante, non nas súas homónimas, senón posteriormente"”.(AFA: O Correo Galego, 7-5-2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.