Proceso mediante o cal aumenta a presenza ou relevancia da muller nun determinado ámbito ou práctica
Etimoloxía
Voz que se forma sobre “feminizar” que, á súa vez, vincúlase coa palabra latina femina ‘muller’.
Exemplos *
“As conclusións poñen de relevo que a feminización médica se ve drasticamente freada por unha falta de representación da muller nos postos de responsabilidade hospitalaria.” (Victoria García: GCiencia. O portal da ciencia galega, 3-2015)
“Para escribir a novela documenteime a conciencia e entrevisteime con carteiras –novas e veteranas– que me contaron o seu día a día. En Correos dáse a particularidade de que se produciu unha forte feminización do persoal, igual que no caso da Administración pública.” (Santiago Lopo (entrevista): Praza.gal, 17-2-2023) [visto 1-3-2023]
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.