Aumentar a presenza ou relevancia da muller nun determinado ámbito o práctica
Etimoloxía
Palabra neolóxica que se crea desde a raíz culta “femin-“, que parte á súa vez da palabra latina femina ‘muller’.
Exemplos *
“Foi o xerme de Os nomes que habitamos: historias fiadas das mulleres de Compostela, unha proposta artística que tira do fío da historia e que nas últimas datas convidou toda a veciñanza da cidade a participar. O obxectivo: feminizar o mapa das rúas compostelás mediante a descuberta de mulleres anónimas.” (Susana Rois: Nós diario, 30-8-2020)
“Compre, iso si, unha maior presenza das mulleres no noso audiovisual, compre feminizar o sector. Compre que nunca máis sexa novidoso ver mulleres dirixindo, protagonizando, sendo directoras de foto, xefas de son...” (Redacción: Culturagalega, 27-1-2017)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.