Situación de desigualdade entre homes e mulleres nun determinado ámbito, na que o colectivo feminino é o grupo con menos recursos.
Etimoloxía
Locución substantiva formada sobre “fenda”, que deriva de “fender”, e este do latín findere; e “xénero” que bebe do termo latino generu, que significaba ‘nacemento’ ou ‘orixe’.
Exemplos *
“(...) canto máis desenvolvido é un territorio, menor é a desigualdade de xénero. De feito, Suecia, Dinamarca ou Holanda, países cos maiores niveis de renda da UE, son os que presentan as menores fendas de xénero.” (Marcos Pérez Pena: Praza Pública, 4-4-2019)
“Lánzanse moitas mensaxes e dise que se está traballando contra a fenda de xénero, e resulta que na convocatoria deste ano seguen sen incluír supostos de interrupción por embarazo, coidado de dependentes ou enfermidade grave. Segue sendo un proceso desigual, non se aprendeu nada”, (Manuel Rey: Gciencia, 4-3-2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.