fento

Planta da que existen distintas especies pertencentes a unha mesma clase, caracterizada por ter follas longas e segmentadas, carecer de flores, ter xeralmente o talo subterráneo e ser propia de lugares húmidos e frescos.

Etimoloxía

A palabra chega desde o termo do latín vulgar filictus, –i que substituiría ao clásico filix, –icis 'fento, fieito'.

Exemplos *

"unha choupana con trabes de madeira, un alpendre de táboas e dentro dos refuxios, coma un rito antigo, sempre o fento fresco, o lume ardendo, a cea preparada." (María Gándara: Magog)

"Unha brétema suave e mollada envolvía o morno día permitindo ver a calma dos castiñeiros baixo os que se pintada o cadro marrón dos fentos secos do outono." (Xabier Quiroga: Atuado na braña)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.