fermosura

Calidade do que é fermoso

Etimoloxía

Palabra derivada por sufixación sobre “fermoso” que bebe no latín formosus de significado semellante.

Exemplos *

“Foi ela quen transformou este lugar nun pazo, nun verdadeiro lugar elegante, moito mudou o que era unha casa grande rural con horta. Da vella Casa da Lavandeira pouco queda. Mariana orgullosa e enfadada pola mala sorte, como vai deixar ela este lugar, esta fermosura que só a ela se debe?” (Marga do Val: Tizita e Sabela  na procura, 2016)

“Xoel mirou cara ao ceo para albiscar a fermosura das estrelas que relucían impoñentes no espazo infinito, acariñadas pola luz da lúa.” (Natalia Carou Figueira: O alento nas costas, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.