ferrador, -a

Persoa que ten por oficio ferrar as cabalarías ou outros animais

Etimoloxía

Este substantivo é un vocábulo derivado sobre o verbo “ferrar” que remite ao latín ferro, o nome do metal.

Exemplos *

“...os límites seguían a estar marcados polas portas medievais; nestas portas e rúas tiñan o seu asento oficios específicos como os mesóns (porta da Corredoira e do Concello), os ferradores (rúa da Corredoira) ou os curtidores de peles, arredor da porta da Pía da Casca, que servía para a limpeza dos coiros e daba nome á zona.” (Marcos Valcárcel: Historia de Ourense, 2008)

“...puña uns ollos de cabuxo , abraiado co lume, coas faíscas, co bulebule dos homes de faces emborradas, coas andainas de tenaces e materias roxentes, co boureo de mazos, co tin-tin-tin insistente do martelo do mestre ferrador afinando o ferro.” (Bernardino Graña: Protoevanxeo do neto de Herodes, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.