ferraña

Orxo, avea ou centeo, que se sega verde, antes de que espigue, e que se utiliza como forraxe para os animais

Etimoloxía

Palabra que bebe no latín vulgar ferragine (m) que remite ao clásico farrago ‘forraxe’.

Exemplos *

“Aínda que na casa traballaba de firme. (...) No inverno, o traballo minguaba. Xa non se botaban nabos nin case ferraña, e o gando vivía de silo e herba seca principalmente.” (Darío Xohán Cabana: Vidas senlleiras, 1994)

“Pasada unha semana, unha tarde, cando viña de apañar unha pouca ferraña dunha cortiña, ó pé mesmo da Lagoa de Antela, pouco antes de chegar a casa sentiu unha dolor forte nos cadrís, que en primeira instancia atribuíu ó peso do feixe que cargaba.” (Carlos Casares: O galo de Antioquía, 1994)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.