ferreiriño

Ave insectívora da familia dos páridos, de peteiro fino e do tamaño do gorrión da que existen varias especies

Etimoloxía

Termo que deriva de “ferreiro” e este de “ferro” que vén do latín ferrum ‘ferro’.

Exemplos *

“Fomentar a cría de determinadas especies cerca da horta ou xardín é unha ferramenta de loita biolóxica. Aves insectívoras como o ferreiriño real pode capturar e levar ao niño durante o período de cría 500 larvas e un ferreiriño azul pode capturar 1000 ovos de insectos, ademais de larvas e adultos.” (Ramsés Pérez Rodríguez: Guía de ecoloxía cotiá. Ideas e accións para un consumo sustentábel, 2008)

“Hoxe apetecíame describir unha paisaxe miñota (...): laranxeiras cargadas, camelias vermellas, galanteo nupcial dunha parella de ferreiriños, sfumato da néboa sobre as revoltas do río que serpexa entre outeiros e caviancas; un fondo , en fin , de pintura toscana.” (Bieito Iglesias: A Nosa Terra, 2003)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.