ferreiro, -a

Persoa que ten por oficio traballar o ferro e outros metais

Etimoloxía

Termo que vén do latín ferrarius que significa ‘o que manexa o ferro’.

Exemplos *

“Unha fada das lapas xurdida do centro da terra saíu das profundidades pola cheminea dun volcán en erupción. Aterecida, refuxiouse entre os tizóns ardentes de fragua dun ferreiro.” (Manuel Janeiro: A fada das lapas, 2008)

“Os carboeiros que pasaban parte do verán rozando os montes e facendo o carbón que vendían nos obradoiros dos ferreiros e ferreiras.” (Xosé Antonio Fidalgo Santamariña: Os saberes, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.