ferreirolo

Ave insectívora da familia dos páridos, de peteiro fino e do tamaño do gorrión da que existen varias especies  

Etimoloxía

Denominación que se forma sobre o termo “ferreiro” que procede do latino ferrarium de significado semellante. O nome científico que lle corresponde é cyanistes caeruleus.

Exemplos *

“A banda sonora da peza está composta polo canto do ferreirolo, o paxaro que protagoniza a imaxe do festival, no que se aúna o son das ás da ave ao moverse co dunha guitarra final” (Redacción: Praza.gal, 15-12-2020)

“O ferreirolo de forma acrobática pode pendurarse na ramiñas máis pequenas e máis extremas da árbore podendo comer tamén os parasitos que se encontran nesas extremidades.” (AA.VV.: Altamira. Revista informativa do Concello de Brión, 15, outubro 1989)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.