Órgano en forma de puga que teñen no extremo do abdome algúns insectos, como a abella ou a avespa, e outros invertebrados, como o alacrán, co que pican e inoculan o veleno
Etimoloxía
Vocábulo que se forma sobre a palabra "ferro" que procede do latín ferrum, de significación semellante.
Exemplos *
“Disque anda ocupado, nestes momentos, en sete demandas xudiciais que acabarán de derreter a súa fortuna. Será a maneira de que perda o veleno e quede como unha abella sen ferrete, xa inofensivo.” (Arthur Conan Doyle: O can dos Baskerville [trad. Bieito Iglesias e Manuel Vázquez], 1996)
“Convoco as avésporas a brandir os seus innumerábeis ferretes. As avésporas e a vós.” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro / Convoco as avésporas, 2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.