fertilizante

Produto químico, ou ben de orixe vexetal ou animal, que se lle bota á terra para que as plantas cultivadas nela se desenvolvan mellor e dean máis e mellores froitos

Etimoloxía

Termo derivado que ten a súa orixe en “fertil” que vén fertilis ‘abundante’.

Exemplos *

“En zonas costeiras usouse masivamente para extraer as algas depositadas polo mar nos areais, para o seu uso como fertilizante das reducidas parcelas agrícolas próximas ás costas.” (Herminio Pose Nieto: Os animais domésticos na historia de Galicia, 2008)

“Entón, de xeonllos ou encucados, na praia ou na ribeira, escolliámo-lo peixe que valía e o que non habíao que tirar ou deixalo no medio da xebra para fertilizante do terreo.” (Xavier Rodríguez Vergara: Redes e peixes. Saberes dun mariñeiro, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.